A tendencia total do cómico en kierkegaard

  1. Parcero Oubiña, Oscar
Dirigida por:
  1. Xosé Luis Barreiro Barreiro Director/a

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 26 de febrero de 2010

Tribunal:
  1. Manuel Maceiras Fafián Presidente/a
  2. Luis Rodríguez Camarero Secretario/a
  3. Andrés Torres Queiruga Vocal
  4. Dario David Gonzalez Vocal
  5. Anselmo Manuel Suances Marcos Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 287074 DIALNET

Resumen

O presente traballo ten por obxecto o estudo da concepción kierkegaardiana do cómico e do lugar que este ocupa no conxunto da obra do dinamarqués. O traballo desenvólvese en catro capítulos, concibidos progresivamente. O primeiro ocúpase de mostrar o fundamento da concepción kierkegaardiana do cómico presentada na temperá Sobre o concepto de ironía, que logo ha mostrarse vixente en toda a subseguinte produción. O máis importante trazo desta concepción, por Kierkegaard denominada a tendencia total, é o seu vencello co ético, entendido como compromiso coa propia existencia: o total sometemento á negatividade cómica determina eticamente o individuo. O segundo capítulo mostra como esa mesma concepción do cómico é ratificada na Apostila concluínte non científica mediante agora o concepto propio de ¿o cómico¿; asemade, ocúpase de demostrar tamén a incapacidade do concepto para capturar a totalidade da concepción kierkegaardiana do cómico, confirmando así a dimensión ética desta. No terceiro capítulo móstrase como esta concepción do cómico determina logo unha forma de escritura, aquí chamada escritura cómica, que transforma por completo o status do autor. En obediencia á tendencia total, a escritura vólvese ela mesma un medio de actividade ética. Finalmente, o cuarto capítulo ocúpase de ler a totalidade da obra kierkegaardiana na luz da concepción do cómico dela tirada. Móstrase así a produción do dinamarqués como un exercicio de sometemento á tendencia total do cómico con vista á produción ética de si-mesmo, en sintonía cunha concepción relixiosa da ¿verdadeira seriedade¿, aquela que inclúe o cómico.