A Universidade Sénior de Chaves como alternativa para um envelhecimento ativo

  1. Rodrigues Torre, Maria de Fátima
Dirigida por:
  1. Xosé Manuel Cid Fernández Director/a

Universidad de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 03 de febrero de 2016

Tribunal:
  1. Tiberio Feliz Murias Presidente
  2. Yolanda Rodríguez Castro Secretario/a
  3. Jesús Rodríguez Rodríguez Vocal

Tipo: Tesis

Resumen

Ao igual que a maioría dos países europeos, Portugal enfronta actualmente un rápido envellecemento da poboación e con el novos e variados desafíos aparecen e deberán ser abordados. Isto é consecuencia da grande quebra da natalidade, que xa se ven producindo hai algúns anos, o aumento da esperanza media de vida e ademais o fluxo migratorio de xeracións mais xoves, en idade de traballar, para fóra do país, que representan o capital humano directamente ligado ao traballo, polo tanto con importantes consecuencias para as economías a longo prazo. Por outro lado, non habendo renovación de xeracións, hai limitacións na transmisión de coñecementos. Este e moitos outros factores, implican naturalmente repensar as políticas transversais que inclúan o sector económico, o social, o cultural, o educativo, no sentido de garantir calidade de vida e benestar á poboación maior, pero ao mesmo tempo que aseguren a sustentabilidade social, económica e educacional dun país que evidencia moitas fraxilidades. Desde 1976 Portugal ten implementadas un conxunto de políticas de protección á vellez. Pero a maioría desas medidas teñen unha base asistencialista que nin sempre deran resposta ás necesidades dos seus destinatarios. Nos últimos anos estas políticas teñen motivado de reflexións no sentido de averiguar como están a ser salvagardados a calidade de vida, o benestar, en fin os dereitos básicos humanos, para as persoas maiores, pero ao mesmo tempo o Estado ten aplicado concretamente regras de contención nas pensións e outras, no sentido de reducir o esforzo económico progresivo, camiñando pola contra cara a insustentabilidade. Coa entrada na Unión Europea, Portugal e os outros países que a compoñen, teñen procurado estratexias e principios sobre o envellecemento activo, entre as cuais destacamos: a aprendizaxe ao longo da vida, a solidariedade interxeracional, no sentido de mellorar as condicións de vida desde os mais novos aos mais vellos. Así, entre outros compromisos políticos, foi sinalado o ano de 2012, como o Ano Europeo de Envellecemento Activo e Solidariedade entre Xeracións, tendo como principais directrices a implementación de estratexias específicas entre os gobernantes dos países, a poboación e as organizacións internas de cada país membro. Esas medidas teñen como principais obxectivos a promoción e garantía da igualdade de dereitos e de oportunidades, independentemente da idade e de xénero dos maiores e ao mesmo tempo a sustentabilidade e a cohesión social. Estas medidas representan tamén a ruptura cos preconceptos e estigmas relativos ao envellecemento, ás persoas de idade, a xubilación, aspectos que no noso país están de tal forma enraizados, que teñen dificultado os cambios. A pesar de todas as limitacións, tamén no campo ideolóxico, Portugal ten feito algunhas opcións no que toca ás persoas da Terceira Idade, seguindo directivas da Unión Europea, que contribuíron e contribúen para a alteración de estilos de vida, para a integración e participación social, para a sensibilización coa problemática do envellecemento demográfico. É importante que despois desta reflexión contextualizadora sobre o estado da cuestión do envellecemento, e a súa intervención na vida do país, especificamente sobre as políticas que afectan á poboación mais vella, facemos logo unha retrospectiva sobre a creación e posta en funcionamento das Universidades da Terceira Idade en Portugal, así como as súas influencias. Aínda durante a década de 1960, surxiran en Francia e nos Estados Unidos os primeiros estabelecementos destinados exclusivamente para maiores, pero só como forma de ocupación dos tempos libres dos xubilados. Foi Pierre Vellas, en Francia quen tivo a idea de asociar ao entretemento, o ensino e a investigación (Jacob, 2012). Para Vellas, as UTI son """"fundamentalmente instituições de saúde pública visando elevar os níveis de saúde física, mental e social das pessoas da terceira idade, bem como colocar à sua disposição programas de atividades particularmente adaptados"""" (Lemieux, 1994, citado por Jacob, 2012, p. 19). Despois desta primeira aproximación ao movemento das universidades da Terceira Idade, a posta en práctica tivo lugar efectivamente en Francia, en 1973, na Universidade de Toulouse (Université de la Troisième Âge). O seu fundador foi o xa citado profesor Pierre Vellas (médico e investigador). Este proxecto tivo unha primeira fase: só existían salas de estudo para xoves e maiores. Isto tivo un grande éxito pois había moita vontade de aprender e actualizar coñecementos. Nunha segunda fase e pasados sete anos, o éxito foi tal que surxiran outras cincuenta e dúas institucións do xénero. A creación da primeira universidade sénior, foi formalmente enfocada a dar resposta ás solicitudes de unha poboación que tiña tempo libre e condicións económicas para frecuentar as aulas (Cachioni 1999, citado por Monteiro & Neto, 2008). Coas pesquisas feitas por Vellas sobre programas de estudo relacionados co envellecemento, en universidades europeas e americanas, feitas en residencias de maiores, hospitais, aloxamentos, el percibiu que non había practicamente nada. Comprendeu que era necesario que a universidade criase programas específicos para a terceira idade, ofrecendo actividades de carácter físico, intelectual, lecer e artístico ( Vellas, 1997 e Cachioni, 2003, citados por Jacob, 2012). Segundo Jacob (2012), a expresión """"Universidades da Terceira Idade"""" ten que ver co inicio da historia das universidades, en tempos antigos, na época medieval, na que as aulas eran conferencias, procuradas por persoas interesadas nas aprendizaxes. Actualmente tamén as universidades facilitan palestras e conferencias, en fin oportunidades de estudo e de saberes mais avanzados. Tamén Pinto (2003, p. 467), nunha conferencia, considerou que a expresión """"Universidade da Terceira Idade"""", abrangue """"todas as instituições que se dedicam a dar resposta à procura de ensino informal em variados domínios e à procura de atividades recreativas ou outras por parte da nossa população sénior"""". Sen embargo Jacob (2012), vai mais lonxe cando afirma que as UTI son unha resposta social porque: - combatem o isolamento e a exclusão social dos mais velhos, principalmente à reforma"; - incentivam a participação dos séniores na sociedade; - divulgam os direitos e oportunidades que existem para esta população;" - reduzem o risco de dependência e são um polo de convívio. En Portugal, durante a Primeira República, foron creadas as universidades populares. No en tanto, ultimamente, considera-se que a primeira universidade da terceira idade que surxir en Portugal foi na década de 70 e nunca mais deixou de medrar, aínda que ao principio lentamente pero cun ritmo mais acelerado nos últimos anos. A título de exemplo, e segundo a RUTIS, antes da década dos 80, apenas existían catro universidades. Entre 80 e 85, foron fundadas dúas mais e a partir de 1996 é cando a súa expansión é significativa. Nesta época asiste-se en Portugal á creación da maioría das UTI (Veloso, 2000). Entre 2004 e 2008 crean-se corenta e nove UTIS en Portugal (Gonçalves, 2010). Segundo Veloso (2007), o enxeñeiro civil Herberto Miranda foi o responsábel da creación da primeira Universidade da Terceira Idade en Portugal. El tiña exercido a súa actividade profesional en África, gañando grande prestixio polo que tivo tanta repercusión en Portugal. Ese prestixio tornouse cada vez maior e pode ter, aquí en Portugal, influenciado a creación da referida Universidade. Tamén polo feito de ter coñecido a Vellas, cando estivo en Francia. Mais tarde, en 1978, realizouse um seminario que tivo como tema principal a discusión e reflexión dos obxectivos da primeira universidade da terceira idade en Portugal. Miranda indicou que se trata de `""""uma universidade de valorização cultural e coordenadora de conhecimentos e não um centro de assistência social"""" (Veloso,2007, p. 274). Vellas foi un dos oradores deste seminario e defendeu o retardamento do envellecemento como argumento importante na defensa das universidades da terceira idade (idem). Ao igual que en moitos outros países o termo """"Universidade"""", para referir institucións vocacionadas a responder á demanda do ensino informal en variados campos do saber e á procura de actividades recreativas e outras por parte da poboación sénior, nin sempre tivo consenso. No noso país, foi obxecto de reflexión cando en 1982, o Ministério da Educação lexisla a autorización do uso do termo """"Universidades"""" pero coa condición desas institucións non expedir certificacións nin graos académicos aos estudos impartidos (Pinto, 2008). Segundo datos da Rede de Universidades da Terceira Idade (Rutis, 2013), en xullo de 2008, existían en Portugal dezaseis Universidades da Terceira Idade, cincuenta e catro universidades séniores, catorce asociacións de maiores, e dezaoito institucións que optaron por unha designación diferente, totalizando cento dúas institucións. En marzo de 2012, os datos eran os seguintes: 123 (73%) eran apelidadas de Universidade Sénior"; 24 (14%) Academia Sénior;" 13 (8%) Universidade da Terceira Idade, 4 (2%) de Clube Sénior e as restantes 3% eran denominadas con outras designacións. Algunhas desas UTI existen autonomamente e outras están ligadas ben á Santa Casa da Misericórdia (IPSS ¿ Instituição Particular de Solidariedade Social), ou ben a asociacións, a Centros Parroquiais, a Centros Sociais, ao Movimento Rotário. As que pertencen á RUTIS poden recibir apoios da Segurança Social, dos poderes locais, da Igrexa ou de entidades privadas (Pinto, 2007). As que pertencen ao movemento Rotário son sustentadas polos propios frecuentadores, a través dunha taxa anual e tamén polo propio movemento Rotário ao cal pertencen. Partindo da idea de que as universidades da Terceira Idade son ou pertencen a asociacións e movementos sen fins lucrativos. Cada unha delas ten o seu propio regulamento pero con bases comúns onde están explicitados os obxectivos que xeralmente apuntan para os seguintes: - Promover a calidade de vida dos séniores - Realizar actividades sociais, culturais, de ensino, de formación, de desenvolvemento social e persoal, de solidariedade social, de convivencia e de lecer, preferencialmente para maiores de 50 anos - Promover a participación cívica e a auto organización dos séniores, principalmente despois da xubilación. - Educar para a cidadanía activa, para a saúde, para a tolerancia, para o voluntariado e para a formación ao longo da vida. - Colaborar na investigación académica e científica na área da xerontoloxía e da andragoxía - Divulgar os servizos, os deberes e os dereitos dos séniores - Fomentar o voluntariado de e para a comunidade As UTIS son institucións atractivas para os séniores, pois ofrecen un abano de coñecementos e experiencias de modo informal, ou sexa sen a obrigatoriedade formal dos certificados. Aquí o que realmente ten significado é a calidade e o aproveitamento que se pode adquirir. Tamén é importante a socialización, o intercambio e a partilla de saberes. Con este traballo de investigación pretendemos, nun primeiro momento xustificar cientificamente a pertinencia deste estudo, na Universidade Sénior de Chaves, que pertence ao movemento rotário e cuxo lema é """"dar de si antes de pensar en si"""". Este é un rico e excelente exemplo das boas prácticas educativas e sociais, na medida en que as prácticas que alí se experimentan, van de encontro ás teorías defendidas por tantos (as) teóricos(as) da educación, especialmente no ámbito da educación ao longo da vida, educación permanente, promotora de unha calidade de vida, que se pretende para todos, independentemente da idade, ou condición social, na xerontoloxía educativa, especificamente na importancia dada á educación interxeracional, pero tamén noutras áreas, que non sendo específicas da área educativa, pois elas posúen un perfil propio ou entón son tamén reivindicadas por outras áreas, tais como a área social e cultural, contribúen amplamente para a consecución dos obxectivos de unha educación global, efectiva e para todos. Son a animación sociocultural, o ocio e o lecer. O presente traballo de investigación: """"A Universidade Sénior de Chaves como uma alternativa para um Envelhecimento Ativo"""", insírese no ámbito de un programa de Doutoramento en Análise e Intervención Psicosocioeducativa con Persoas da Terceira Idade, e surxiu da idea de que é importante coñecer realidades próximas coas cuais lidamos e que son unha forte fonte de excelentes influencias culturais, de convívio, de boas prácticas educativas, culturais e sociais, para todos. Tamén na perspectiva de coñecer e percibir opinións sobre a importancia dada á frecuencia da universidade sénior, coñecer motivacións, percepcións e preferencias formativas, e tamén recoller opinións sobre a importancia deste tipo de institucións e o seu contributo para a calidade de vida de quen a frecuenta. Para cumprir os nosos propósitos de investigación, organizamos o traballo em fases: a primeira fase incidiu nunha exhaustiva revisión bibliográfica que serviu de soporte teórico para o desenvolvemento do estudo, tendo como temas centrais de lecturas e consultas os relacionados con Universidades da Terceira Idade, Vellez, Envellecemento Activo, Educación Permanente, Educación ao Longo da Vida, Motivación, Xerontoloxía Educativa, Animación Sociocultural, Ocio, Lecer e todos os temas e subtemas afíns que de unha forma ou de outra se relacionasen. Paralelamente fixemos reflexións sobre os diversos factores inherentes á problemática do envellecemento, para mellor comprender o papel das Universidades da Terceira Idade na vida dos seus frecuentadores. Nunha segunda fase pasamos a desenvolver o estudo na Universidade xa referida, mais concretamente coñecer e percibir os motivos que levan aos seus usuarios a frecuentala. Tendo por base a metodoloxía cualitativa, mais concretamente o estudo de caso cualitativo, que nos permitiu coñecer e vivir de preto a dinámica da Universidade en cuestión, podemos desta forma inferir sobre aspectos fundamentais e propósitos de outras institucións semellantes. Para a recolla de datos neste estudo optamos por unha entrevista semiestruturada. Neste tipo de entrevista son utilizadas preguntas orientadoras, a partir das cuais é fundamental recibir informacións por parte do entrevistado, que fala abertamente, e das respectivas respostas o investigador retira o que interesa. Considerando os contributos de carácter metodolóxico de algúns autores, dos cuais destacamos, Bardin e Quivy & Campenhaudt, tendo por base a revisión da literatura, a construción do guión da entrevista semiestruturada e todos os presupostos implicados, decorreron os diferentes momentos de recolla de datos. Esa recolla aconteceu en varios momentos en que nos deslocamos ás instalacións da Universidade e onde foi posíbel entrevistar as persoas. Foron inquiridas 24 persoas. Grande parte das entrevistas foron realizadas ao longo do ano de 2013/2014 pero algunhas realizáronse ao longo de 2015. Os entrevistados estiveron sempre no ambiente habitual para responder as cuestións. Criou-se unha excelente relación de abertura entre entrevistadora e entrevistados, que foi fundamental para a recolla dos datos pretendidos. Cada entrevista tivo un tempo variábel de duración, en consonancia co tempo que cada entrevistado necesitaba para se expresar. As cuestións foron articuladas cos obxectivos definidos e coa pregunta de partida. Tamén foron utilizadas outras técnicas, ao longo do traballo, tais como a observación directa, as notas de campo e puntualmente os grupos de discusión, que foron moi importantes para levar a cabo todo o plano de pesquisa. Foi aínda elaborada unha entrevista dirixida aos elementos da dirección, coa intención de coñecer en profundidade elementos e razóns que estiveron na base do seu aparecemento. Toda a información conseguida a través desa entrevista serviu para caracterizar a propia universidade e está incluída no texto, especialmente no apartado da caracterización da Institución. No proceso de recolla de información foi sempre considerado o dereito á intimidade, confidencialidade e anonimato e de respecto pola liberdade de responder total ou parcialmente ás cuestións. Todos os entrevistados foron avisados dos obxectivos, do estudo e das garantías de anonimato. Na terceira fase, transcribíronse as entrevistas, procedeuse á análise de contido, tendo por referencias os estudos de Lawrence Bardin e José Vilelas. Todo o desenvolvemento do traballo tivo a sua base na análise dos datos, na sua organización, na división en unidades manipulábeis, na categorización, sempre que foi posíbel, pois as categorías non foron definidas á partida senón foron sendo trazadas a partir do contido das entrevistas, na síntese, na descuberta de aspectos e tamén na decisión sobre todo o que foi apurado. Como os dados recollidos estaban en forma de redacción escrita, utilizamos os procedementos comúns da análise de contido. A cada entrevistado foi atribuído un número, do tipo E1, E2.. a fin de ser garantida a confidencialidade. As entrevistas foron transcritas fielmente e de seguida organizámolas, fixemos o tratamento e análise. Despois da transcrición fixemos unha lectura global para unha primeira impresión de todas elas. Posteriormente fomos lendo unha, dúas e moitas mais veces cada unha, ata ficarmos coas ideas persoais de cada entrevistado(a). A análise de contido foi organizada en sistemas e regras de codificación, baseadas nun proceso claro, obxectivo, facilitador da categorización e reconto das frecuencias. Pola análise feita puidemos inferir e percibir que a vida da universidade contribuír para a calidade de vida dos seus frecuentadores, que hai reciprocidade, ou sexa """"dou de mim mas também recebo"""", que nela ou a través dela hai lugar para a partilla e para a promoción dos valores e saberes mais importantes, en grupo e que contribúen para unha vida saudábel, de todos/as e de cada un/unha. Constatamos que as universidades da terceira idade, do xénero sobre a cal recaia o estudo, non fan parte dun modelo de educación formal, encáixanse antes ben, nun modelo de necesidades de educación permanente, se na dirección dun paradigma humanista, onde as vivencias de todos e de cada un teñen lugar, e son valorizadas, onde son tamén valorizados os aspectos socio afectivos, a capacidade de partilla, o clima de confianza, as experiencias, a autoestima. É tamén avaliado o grao de satisfacción de aprendizaxe (para cando é necesario facer axustes aos focos de interese dos frecuentadores), de organización dos seus tempos de ocupación e de tempos de ocio, tempo libre e lecer. Non podemos deixar de referir as varias limitacións que surxiran durante o proceso de elaboración da investigación, mencionamos por exemplo que o estudo é exploratorio e con un número limitado dos suxeitos en estudo. De calquera forma o obxectivo primordial consistiu en profundar, coñecer e percibir un fenómeno. No caso específico: """"Percibir os motivos que levan os séniores a frecuentar a UTI"""". Os resultados obtidos refírense á institución investigada pero o propósito é a visibilización de experiencias deste tipo, e contribuír á súa mellora constante, aspectos que podes servir para outros casos, aínda que deben ser adaptados á súa realidade concreta. É oportuno mencionar o feito de que a investigación foi realizada á par co exercicio de funcións docentes nun horario laboral extenso, o que tornou moito mais moroso e difícil todo o proceso. A educación de e para os séniores é transversalizada por varios sectores: cultural, educativo, social, económico e cívico, este último na medida em que implica dereitos e deberes comúns pero tamén específicos. Envellecer activamente implica a práctica de unha cidadanía activa e constante. Sendo este un estudo de tipo exploratorio, pretendemos que sexa un contributo para que outras liñas de investigación surxan no sentido de aprofundamento desta temática, a noso ver, importante e pertinente na actualidade.