A construción biográfica do labor de orientación en educación infantil e primaria en Galicia
- Pérez Crego, María Cristina
- Mar Rodríguez Romero Co-director
- Neves Arza Arza Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 14 de xullo de 2017
- Luis Martín Sobrado Fernández Presidente/a
- María Asunción Manzanares Moya Secretario/a
- Consuelo Vélaz de Medrano Ureta Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Nesta pesquisa abórdase a construción do labor de orientación en educación infantil e primaria no escenario socioeducativo e lexislativo de Galicia. A partir dun estudo metodolóxico biográfico-narrativo investíganse as traxectorias de cinco orientadoras fraguadas no transcurso de experiencias vitais e profesionais que comezan antes da institucionalización da orientación en Galicia. Preséntase dous tipos de resultados: as historia de vida individuais e a análise comparativa das cinco narrativas. Ca análise comparativa reconstrúese o sentido do labor de orientación amosando as relacións entre o contexto socioeducativo, as experiencias e as representacións das profesionais investigadas. Os achados amosan que as orientadoras foron construíndo as súas representacións sobre o labor focalizándose na atención á diversidade, entendida dende o modelo de integración. Tanto as condicións de traballo como as demandas do profesorado, focalizadas nas necesidades do alumnado individual, combínanse para limitar o horizonte do labor. Aínda así, a análise realizada revelou a formulación diferencial da praxe orientadora segundo tres patróns de identidade profesional: identidade activista, identidade proactiva e identidade pragmática.