A arte rupestre da Comarca do Baixo Miñounha achega cuantitativa dende a perspectiva das novas ferramentas dixitais
- Vázquez Martínez, Alia
- Ramón Fábregas Valcarce Director/a
- Carlos Rodríguez Rellán Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 24 de enero de 2020
- Serge Cassen Presidente/a
- Antón A. Rodríguez Casal Secretario/a
- Sergio Ripoll López Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Baixo o título A Arte Rupestre da Comarca do Baixo Miño: Unha achega cuantitativa dende a perspectiva das novas ferramentas dixitais, preséntase o catálogo máis completo e exhaustivo dos petróglifos do suroeste galego. Grazas á aplicación sistemática de novas ferramentas tecnolóxicas baseadas na fotogrametría e os Sistemas de Información Xeográfica, foi posible elaborar e tratar o corpus documental da arte rupestre da Comarca do Baixo Miño (Sur da provincia de Pontevedra), obxecto do presente traballo. Con este catálogo, perfilouse a relevancia cuantitativa deste fenómeno, avaliando a súa importancia artística e examinando o seu estado de conservación. Así mesmo, definíronse os principais focos de distribución dos petróglifos e, asemade, contrastáronse os factores que puideron influír na súa localización.