Iseo e XenebraRepresentacións femininas na literatura do século XII a través de dúas miradas masculinas
ISSN: 2014-7430
Year of publication: 2013
Issue: 2
Pages: 55-81
Type: Article
More publications in: Revista Roda da Fortuna: Revista Eletrônica sobre Antiguidade e Medievo
Abstract
As mulleres tiveron un papel destacado na literatura medieval ao ser mecenas, receptoras e autoras. Ao mesmo tempo, foron protagonistas de moitas das creacións literarias difundidas na Europa medieval, sendo retratadas en función das miradas que os autores - maioritariamente homes -dirixían cara elas. Por tanto, estamos ante miradas masculinas, condicionadas polos prexuízos de xénero, que permiten aos historiadores achegarse ao imaxinario colectivo sobre as mulleres e o feminino no Medievo. Así, o obxectivo do presente artigo é facer unha primeira aproximación a dous arquetipos femininos que tiveron grande éxito na literatura medieval e que, incluso nos nosos días, son constantemente evocados como exemplos de mulleres medievais namoradas: Iseo e Xenebra.